Atuado na braña

  • Main
  • Atuado na braña

Atuado na braña

Quiroga, Xabier
Wie gefällt Ihnen dieses Buch?
Wie ist die Qualität der Datei?
Herunterladen Sie das Buch, um Ihre Qualität zu bewerten
Wie ist die Qualität der heruntergeladenen Dateien?
Atuado na braña relata a teima de Luís Salgueiro Pardo, un empresario da
construcción acomodado e triunfador na procura do seu pasado. Un
segredo familiar, revelado pola súa nai, convértese na chispa que
provoca a busca das súas raíces e a verdadeira identidade da súa familia
biolóxica. Luis Salgueiro deixará o temón da súa empresa en mans de
persoas da súa confianza e acometerá unha viaxe apaixonada cara ás súas
orixes agachadas na Casona do Saviñao e na braña lamacenta de Bouzuás,
onde se ocultan, dende hai anos, a Meiga e dúas rapaciñas novas. Unha
viaxe na que Luis Salgueiro poñerá en risco a súa propia vida e suporá
reavivar unha ferida que, despois de corenta anos, aínda segue aberta. A
represión militar dos anos da posguerra (cando a garda civil perseguía
aos últimos guerrilleiros), os receos da xente da aldea, a crueldade
dunha implacábel e feroz persecución que non rematou e unha vida que,
paseniñamente, se vai esfarelando, levarán, nunha narración cargada de
intriga, á descuberta duns froitos que só a porfía dun home capaz de
enfrontarse aos demais e á natureza pode acadar.O eixo desta novela
extensa e ambiciosa, escrita nunha prosa fermosísima e engaiolante,
reside na necesidade que sente o protagonista, ese antiheroe vividor e
elitista, de acometer unha descuberta profunda sobre quen é, sobre o que
sente, sobre a necesidade de enfrontarse o que non sabe de si mesmo,
anque poida sucumbir e perder todo aquilo que posúe. Novela longa á
vella usanza, impregnada de intriga sabiamente dosificada, que non se
resolve ata a última das súas 628 páxinas, aborda outros temas de
actualidade: a corrupción política e empresarial, os modelos de uso do
idioma, as relacións interpersoais de amizade e de parella, o pensamento
mítico, ou as formas de vida tradicionais no mundo rural galego. Atuado
na braña é unha historia do presente que, coa mestría dunha trama
inzada de paixóns, odios, obsesións e desencontros, remexe no pasado
para encarar a procura da identidade.
Jahr:
2013
Verlag:
Edicions Xerais
Sprache:
galician
ISBN 10:
8499145965
ISBN 13:
9788499145969
Datei:
EPUB, 1.20 MB
IPFS:
CID , CID Blake2b
galician, 2013
Online lesen
Die Konvertierung in ist im Gange
Die Konvertierung in ist fehlgeschlagen

Am meisten angefragte Begriffe